Briz recupera os obradoiros de envellecemento activo

Compartir
Briz centro terapeutico. Fonte: Concello

A Concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e o presidente de Afapo, Jose Manuel Fontenla, pecharon esta semana o inicio desta actividade, cun máximo de 15 persoas por sesión.

 

 

A Finca de Briz volve acoller este ano os Obradoiros de Envellecemento Activos, organizados por Afapo, (Asociación de Familiares de Enfermos y otras Demencias de Pontevedra), en colaboración co Concello de Marín na Finca de Briz, onde está tamén en funcionamento o Centro Terapéutico.

A Concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e o Presidente da entidade social, Jose Manuel Fontenla, pecharon esta semana aos detalles de inicio da actividade, da que se poderán beneficiar ata 30 usuarios, 15 por cada sesión semanal.

Este obradoiro reactívase “despois da éxito que provocaron as anteriores edicións e de que tivese que suspenderse a súa organización por mor da Covid19”. Os potenciais usuarios son persoas a partor dos 55 anos de idade que carezan de diagnóstico de enfermidade neurodexenerativa, debido ao obxectivo fundamental deste obradoiro, que é o de previr e fomentar o envellecemento activo.

As persoas que estean interesadas, pasarán por unha avaliación inicial por parte das traballadoras sociais de Afapo, para coñecer a situación cognitiva de cada un dos usuarios e poder programar actividades de carácter individual que estean adaptadas ao nivel de cada un.

 

Briz centro terapeutico. Fonte: Concello

 

Levaranse a cabo traballos grupais con distintas técnicas que fomenten a cohesión entre as persoas, a sociabilidade, a diversión, o coñecemento mutuo e o traballo en equipo. Ademais, realizaranse exercicios cos que traballar a memoria, a linguaxe, a escritura, o cálculo, a atención, a reminiscencia e outras funcións.

Os obradoiros realizaranse dous días á semana, os luns e os mércores, cunha duración dunha hora e media cada sesión. Cada praza terá un custo de 25 euros, 15 dos cales serán aportados polo Concello de Marín, e 10 polo participante.

As familias ou persoas interesadas no obradoiro poden poñerse en contacto con Afapo no teléfono 986842141.