Caballero apoia aos salóns de peiteado na súa demanda da rebaixa do IVE

Compartir
Abel Caballero. Fonte: Concello

Abel Caballero lembrou en rolda de prensa que foi o Partido Popular quen fixou o IVE ao 21% no ano 2012.

 

O rexedor amosou o seu apoio aos traballadores do sector da estética, salóns de peiteado e imaxe persoal na súa demanda da rebaixa do IVE ao 10%. Abel Caballero manifestou en rolda de prensa que “é unha demanda xusta”.

O alcalde lembrou que foi o Partido Popular quen fixou o IVE ao 21% no ano 2012, “sen saber moi ben as razóns xa que é un sector de primeira necesidade e non nos pareceu a mellor medida”.

Caballero declarou que os salóns de peiteado, estética e imaxe persoal son servizos esenciais para persoas en tratamento oncolóxico, e que teñen mobilidade reducida polo que fixo público o seu apoio como alcalde de Vigo ao sector.