Caballero convida á cidade a visitar a mostra “Un humanismo moderno” na Casa das Artes

Compartir
O rexedor intervén no acto de inauguración da mostra na Casa das Artes. Fonte: Concello

A Casa das Artes acolle desde hoxe xoves e ata o 21 de novembro a exposición que abrangue case dous centenares de obras de Colmeiro, Seoane, Picasso e Vertès, catro artistas imprescindibles para comprender as correntes de vangarda do século XX.

 

No transcurso do acto de inauguración, o alcalde de Vigo puxo en valor a “sensacional mostra” que poderá gozar a cidade durante as próximas semanas. Agradeceu así mesmo o labor do Museo do Gravado de Artes á Estampa Dixital de Ribeira, que xunto ao Concello elaborou este proxecto para amosar o traballo gráfico e de ilustración de Colmeiro e Seoane no exilio arxentino, na década dos corenta do pasado século.

“Un humanismo moderno. Colmeiro, Seoane, Picasso, Vertès” inclúe case dous centos de obras seleccionadas coa estética e o civismo como fío condutor, de aí o nome da mostra. En distintos puntos xeográficos, os catro artistas coñeceron a experiencia do exilio e compartiron unha visión moderna do humanismo.

No acto de inauguración participaron Xosé Carlos López Bernárdez, comisario da mostra; Alba Corral Colmeiro, presidenta da Asociación de Amigos do Pintor Colmeiro; Javier Expósito Paradela, propietario do Museo do Gravado e Manuel Ruíz Rivas, alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.

O rexedor intervén no acto de inauguración da mostra na Casa das Artes.