– O presidente dos socialistas vigueses defendeu o papel do goberno municipal que asume “practicamente na súa totalidade” o desenvolvemento cultural na cidade dada a “desatención absoluta” de Rueda
– “Besteiro apoiará desde a Xunta a cultura viguesa”
Abel Caballero participou este venres nun acto con representantes de diferentes entidades da cultura da cidade no que puxo en valor as políticas culturais aplicadas en Vigo polo seu goberno.
“O desenvolvemento cultural da cidade depende practicamente na súa totalidade do Concello; ningunha outra institución contribúe a
este desenvolvemento cultural”, sinalou, destacando algunhas das partidas dedicadas a esta área na cidade como os 500.000 euros
anuais ao Auditorio Mar de Vigo, os 150.000 euros para a programación do Auditorio Municipal ou os 3 millóns de euros anuais
de investimento nos museos. “Temos a rede de museos municipais máis importante de España financiada na súa totalidade polo
Concello”.
Caballero salientou o programa de arte urbana con case 500.000 euros de dedicación anual e o apoio á actividade das orquestras da cidade, das bandas de música populares, as corais ou as festas de Vigo.
Pola contra, a Xunta de Galicia, que ten as competencias de cultura, “practicamente non dedica nada á cidade. Ignora a Vigo no
desenvolvemento cultural” mentres que orquestras doutras cidades si que reciben investimento do goberno autonómico: a Sinfónica de Galicia recibe 3 millóns de euros anuais e a Real Filharmonía de Galicia 3,1 millóns de euros este ano 2024.
O presidente dos socialistas de Vigo lamentou o trato que reciben as orquestras da cidade “as sinfónicas de Vigo reciben cero euros da Xunta de Galicia, que dedica cero euros ás festas de Vigo. A desatención é total e absoluta. Non atenten aos museos, ás
orquestras nin ás corais”. Con Besteiro na Xunta, afirma Caballero, o sector cultural de Vigo cambiará totalmente porque apoiará o
desenvolvemento do sector cultural desta cidade”.
Aquí puedes oir las palabras de Abrl Caballero, alcalde de Vigo.