8 enero, 2025
Respecto ás declaracións realizadas polo PP de Vigo sobre o plan INUNGAL, o Concello de Vigo ten un plan de actuación nas zonas sensibles con risco de inundacións, como Olímpicos, Areal ou Xulián Estévez, entre outras rúas da cidade. Un plan operativo que permite aos servizos municipais responder ante eventuais situacións de risco.
O verdadeiro problema radica en que a Xunta de Galicia actualizou o seu plan INUNGAL hai dous meses, xusto despois do episodio da DANA na provincia de Valencia, cando tiña que ter investido en distintas zonas da cidade hai máis de dez anos.
Neste sentido, o goberno local leva anos reclamando a implicación da Xunta de Galicia na preservación, conservación, mellora e posta en valor do río Lagares. De feito, teñen sobre a mesa unha proposta de febreiro de 2021 para que invistan 14,5 millóns de euros en 5 actuacións prioritarias na cidade á que nunca contestaron. Cómpre ter en conta que o PXOM
de Vigo ten previstas as zonas inundables, cos informes favorables da Xunta de Galicia.
O problema, como vén sendo habitual, é que a Xunta de Galicia non traballou nesta cuestión, exclusiva da súa competencia como administración autonómica. O PP de Vigo, coma sempre, con mentiras, falsidades e sendo cómplice da inacción da Xunta.
Alerta