Campaña de sensibilización ambiental nos centros educativos do municipio

Compartir
Folleto Reciclaje . Fonte: Concello

Salvaterra de Miño segue coas acción enmarcadas dentro seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible, neste caso cunha campaña informativa entre os máis cativos do municipio.

 

 

O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha, xunto cos Centro Educativos, un programa de sensibilización e concienciación para a correcta recollida de lixo.

Estamos nun intre crucial para o desenvolvemento sostible do noso planeta, por iso cómpre lembrar a todos os veciños e veciñas da necesidade de separar o noso lixo para depositalos no contenedor correspondente.

 

Folleto. Fonte: Concello

 

Sendo coñecedores de que temos hábitos pouco recomendables para garantir o noso ecosistema, o que se persegue con este programa é concienciar dende abaixo, dende os Centros Educativos para que os nenos e nenas inclúan a reciclaxe como algo natural nas súas vidas.

Desde xeito, o futuro de Salvaterra e do noso planeta será máis sostible e menos violento de cara a contaminación do noso Ecosistema.