1 diciembre, 2024
Queda activada a conta atrás. Marín albergou a presentación da Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala da Zona Sur. Ao acto acudiron Antonio Caiña, concelleiro de Xuventude e Axenda; Antonio Traba, concelleiro de Deportes; José Manuel Fernández, vicepresidente da RFGF; Julio Mougán, tamén en representación da RFGF; e varios membros do CD La Peña, club local que colabora na organización do evento.
Os representantes anteriormente detallados incidiron na importancia que ten o deporte nas rapazas e rapaces, e resaltaron o que implica un evento desta magnitude.
Preto de 300 deportistas da especialidade de fútbol sala daranse cita nas tres instalacións deportivas (pavillóns de A Raña, San Narciso e Sequelo) dende primeira hora da maña do venres 6 de decembro.
As categorías participantes serán:
Alerta