7 septiembre, 2021
O Concello do Grove coopera na III edición do Campo de Voluntariado “A terra que habita no mar”, organizado pola Consellería de Política Social dentro do programa xuvenil O verán que necesitas.
Comezou o día 1 deste mes e rematan o 12, está executado polo Cámping Fieitás
Igual que os anos anteriores, a temática desta actividade é medioambiental e trata de poñer en valor o municipio do Grove, a través de traballos de limpeza, e extracción de especies vexetais invasoras, como a uña de gato ou a margarida africana, da recuperación de estruturas de observación ornitolóxica e do deseño e colocación de carteis interpretativos nas diferentes zonas de actuación en que se desenvolva o campo. A estas alturas do traballo xa levan retiradas máis de 1 tonelada de uña de gato da zona de Rons e ademais recuperaron parte do entorno da Aldea Grovit.
En canto ao ámbito de procedencia das persoas participantes, este ano é nacional, con catro de orixe Galega, unha do País Vasco, unha de Ávila, unha de Navarra e outra que vén desde Zaragoza. Orixinariamente o ámbito sempre foi internacional, pero por culpa das medidas provocadas pola crise sanitaria da Covid-19, este ano mudou a nacional, (o ano pasado foi de ámbito autonómico). O número de participantes tamén se viu reducido por mor destas medidas, polo cal nesta edición só acudirán oito persoas de entre 18 e 30 anos.
As persoas integrantes deste campo de voluntariado serán compensadas parcialmente polo seu esforzo con aloxamento e manutención no Cámping Fieitás, e mais con actividades turísticas, culturais, lúdicas e deportivas ofertadas por esta empresa e polo Concello do Grove ,como a visita ao Museo da salga en Moreiras, ver o funcionamento de Amegro, coñecer as instalacións da batería militar, dar un paseo en turitrén, visitar a illa de Ons, etc.
Alerta