Cangas presenta o XVI Trofeo de Tenis de Mesa

Compartir
Presentación. Fonte: Concello

Este mércores, día 15 de setembro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas, a presentación do XVI Trofeo Concello de Cangas de tenis de mesa, Memorial Amador Álvarez.

O acto acudiron Mariano Abalo, (Concelleiro de Cangas), e Ángel Fernández, (Presidente do Club Cinania T.M.).

 

A competición, que terá lugar os días 18-19 de setembro no Pavillón Municipal de Romarigo, trascorrerá en horario de 10,00/14,00 – 16,00/20,00 h, e nel participarán preto de 250 palistas.

 

Cartel. Fonte: Concello

 

No evento competirán deportistas en categoría BENXAMIN (más + fem) , ALEVIN (más + fem) , INFANTIL (más) ,  XUVENIL (mas), SENIOR (más + fem), ABSOLUTO (más + fem), VETERÁNS +40, +50, + 60 (más), AFECCIONADxS (mixta), achegados dende diferentes puntos da xeografía Galega e Portuguesa.

A competición está organizada polo Club Cinania T.M., supervisada pola Federación Galega de Tenis de Mesa e conta co patrocinio da Concellería de deportes de Cangas