15 septiembre, 2021
Celebrarase na Praza do Regueiro a partir das 21.30 horas, con
aforo limitado a 835 persoas e cun estrito cumprimento de todas
as medidas sanitarias.
Os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos reuníronse esta mañá co xefe da Policía Local, Benigno Blanco, e os representantes da Comisión de Festas de Cantodarea para pechar os últimos flecos do protocolo para a celebración destes festexos no barrio.
A diversión poráa a Orquesta París de Noia, que actuará o sábado 18 de 22.00 a 00.30 horas na Praza de Marqués de Valterra, con apertura de portas ás 21.00 horas.
Establecerase un aforo máximo, que será de 835 persoas, que poderán gozar da festa de pé, con obligatoriedade de uso en todo momento da mascarilla. Ademais, dentro do recinto do concerto estará prohibido comer, beber e fumar.
Desde o Concello de Marín, animan a que se volva reactivar pouco a pouco a actividade lúdica das asociacións e invitan a toda a veciñanza a que goce dunha culturasegura, cumprindo coas normas establecidas.
Alerta