O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente provincial Rafa Domínguez, participou este domingo na quinta edición da carreira que organiza cada ano a Asociación Española contra o Cancro na capital da provincia.
O mandatario provincial tomou a saída na Avenida de Montero Ríos para completar un recorrido de case 7 quilómetros polo casco histórico pontevedrés, cuxa recadación destinarase a financiar programas de prevención, atención psicolóxica e social a pacientes e familiares, así como a fomentar proxectos de investigación.
Asistiron tamén, o alcalde de Pontevedra, Anxo Lores, e a concelleira Anabel Gulías.