7 julio, 2024
Este sábado no Hotel Coia de Vigo á Agrupación Veteranos Fútbol Vigo celebrou a súa cea de final de temporada.
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, saudou os asistentes agradecendo o convite por parte do seu presidente, Ernesto Orge Barral, e puxo o foco no espírito de equipo e de deportividade dos xogadores.
“Se algo nos ensina o deporte é que os valores e a aprendizaxe están por enriba dos éxitos, ao igual que o equipo está por enriba dos triunfos individuais”, sinalou Luisa Sánchez, que tamén realizou un símil entre o deporte e a xestión das administracións públicas para lembrar que “nós tamén concentramos os nosos esforzos para reforzar o benestar dunha colectividade: a cidadanía da provincia de Pontevedra”. A vicepresidenta provincial animou o conxunto de xogadores a “seguir así, demostrándonos que o deporte é un espello que nos devolve o reflexo do mellor da sociedade”.
Alerta