17 septiembre, 2024
En conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, o próximo 21 de Setembro , o Concello de Baiona en colaboración con Afaga Alzhéimer e Elena Castro comprácese en convidar á comunidade para participar nunha emocionante e emotivo roteiro turístico que percorrerá oito emblemáticas prazas da nosa vila. Este evento, que busca concienciar sobre a importancia da investigación e o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade, combinará o turismo, a música e a danza nun
ambiente festivo e solidario.
O inicio do roteiro teremos a posibilidades de colaborar con a asociación Afaga Alzhéimer.
O roteiro comezará ás 11:30 na Praza do Concello, onde os participantes reuniranse para dar inicio a esta celebración. Ao longo do percorrido, que incluirá paradas en
prazas como; praza das Teresinas, Fonte de Zeta, Pedro de Castro, Pai Fernando, Fonte dá Laxe, San Xoan ,e por último de novo Praza do Concello , os asistentes
poderán gozar de cancións de sempre que evocan recordos e emocións, creando un ambiente de alegría e camaradería.
Cada parada será unha oportunidade para bailar e compartir momentos especiais, lembrando que a música ten o poder de conectar ás persoas, mesmo nos momentos máis difíciles.
O evento non só busca render homenaxe a quen padece Alzheimer e ás súas familias, senón tamén fomentar a sensibilización sobre esta enfermidade que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.
Ao final do roteiro, levará a cabo un pequeno acto de clausura na última praza, onde se compartirán reflexións e agradecerase a participación de todos.
Convidamos a todos os cidadáns a unirse a esta celebración, a bailar, a lembrar e a mostrar o seu apoio. Xuntos, podemos facer unha diferenza na vida de quen enfronta o Alzheimer.
Alerta