20 septiembre, 2021
Non se realizarán as Poxas de produtos típicos nin a procesión e a Ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30 a 19:00h
A Guarda acolle este xoves as celebracións do Día de Santa Trega(festividade local -23 Set),
que neste ano tan atípico, e ao igual que sucedeu o ano pasado debido ás medidas de
prevención motivadas pola pandemia da COVID-19, terán que realizarse dun xeito distinto.
Segundo informou o párroco ao Alcalde da Guarda, as misas, que tradicionalmente se
celebran na ermida no Monte de Santa Trega, celebraranse na Igrexa Parroquial ás 10:00h e
ás 11:00h e con limitacións de aforo tal e como ditan as normas sanitarias vixentes, non se
realizarán as Poxas de produtos típicos nin a procesión.
A Ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30h a 19:00h nesta xornada para
todos os fieis e devotos que desexen facer as súas ofrendas, sempre respectando as
distancias de seguridade, o uso obrigatorio de máscaras de protección e hidroxel.
Como en anteriores ocasións, o concello insta a cumprir as medidas de prevención a toda a
poboación: uso da mascarilla, hixiene de mans e o mantemento da distancia social.
Alerta