30 septiembre, 2021
En todas as modalidades deportivas foron aceptadas todas as inscripcións, a excepción de pádel e de natación. Pode consultarse a lista de admitidos nestes dous deportes na páxina web do Concello.
As clases comezarán a próxima semana.
As Escolas Deportivas Municipais xa teñen a súa resolución. Segundo os datos aportados esta mañá polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba, en total inscribíronse 642 nenos e nenas.
Por disciplinas deportivas, o reparto quedaría do seguinte xeito:
BALONCESTO: 57 (Marín Peixegalego)
RÍTMICA: 24 (Inmare) y 19 (Agarimo)
ACROBÁTICA: 21 (Vila de Marín)
FÚTBOL SALA: 30 (Marín Futsal) y 38 (La Peña)
PILATES: 17 (Alaia)
REMO: 28 (Club de Remo Ría de Marín)
TAEKWONDO: 20 (Mats Marín)
WATERPOLO: 9 (Waterpolo Pontevedra)
BTT: 21 (XSM)
ATLETISMO: 21 (San Miguel)
TENIS: 45 (Club de Tenis Marín)
JUDO: 68 (Dom+ Marín)
FÚTBOL: 38 (EF Villa de Marín)
BOXEO: 45 (Team Thunder)
VELA: 9 (Club de Mar Aguete)
BÁDMINTON: 20 (Bádminton Marín)
TRIATLÓN: 44 (CD Pinarium)
PIRAGÜISMO: 14 (Piragüismo Tambo)
NATACIÓN/NATACIÓN INFANTIL: 30 (Soom)
PÁDEL: 24 (Pádel SEI SN)
En todas as modalidades, excepto en pádel e en natación,(no primeiro caso pedíronse 32 prazas e foron concedidas 24, e no segundo, pedíronse 81 e concedéronse 30), todas as inscripcións foron aceptadas.
As listaxes dos admitidos nestas dúas disciplinas pode consultarse na web do Concello de Marín.
A partir da próxima semana, xa comezarán as clases para estes cerca de 650 rapaces e rapazas, que grazas a esta iniciativa municipal poderán adestrar ao deporte que lles apaixoa na súa vila ou aproveitar o inicio de curso para descubrir unha nova afición.
Alerta