15 mayo, 2024
A exposición, que estará no parque do Cristo ata o 15 de xuño, recolle a historia de mulleres cuxas vidas estiveron marcadas pola inmigración
O Porriño acolle desde hoxe a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela.
A mostra inaugurouse esta tarde cun faladoiro a cargo de María Cadaval, directora da Cátedra Iberoamericana, Mª Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da USC e María Xosé Porteiro, adxunta á xornalista e escritora.
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, e a concelleira de Igualdade, Carolina González, participaron no acto inaugural da exposición que poderá visitarse no parque do Cristo ata o 15 de xuño “Cando pensamos na emigración, esquecemos a aportación que fixeron as mulleres” remarcou a deputada de Igualdade. Neste eido, Bastos subliñou o papel fundamental que desenvolveron, “tanto cando saían como cando quedaban aquí, en Galicia”, e puxo en valor a traxectoria das
protagonistas da mostra: “Todas elas marcaron fitos na política, no social, na defensa da lingua ou na educación e, sen embargo, permanecen invisibles nos relatos históricos”.
No mesmo sentido se expresou a concelleira, incidindo na importancia de “rescatar a experiencia e a mirada femenina da inmigración, e devolver ás mulleres o lugar e o protagonismo que lles corresponde nesta andaina que marcou a historia de Galicia e segue a marcala na actualidade”.
Alerta