19 agosto, 2021
O Concello de Cangas informa que o BOPPO Nº156 xa publicou a Convocatoria de Subvencións a sectores económicos afectados pola pandemia da COVID-19 no ámbito do Concello de Cangas.
O prazo de solicitude será de 20 días naturais, dende o 17 de agosto ata o 6 de setembro, ambos inclusive.
O modelo de solicitude é o modelo oficial que consta nas bases da convocatoria (ANEXO I). No caso de presentarse a través da sede electrónica, cubrirase o modelo de instancia xeral xunto co resto da documentación deixando constancia da participación no proceso de convocatoria de axudas.
As solicitudes de subvención dirixiranse á Sra. Alcaldesa e presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través da Sede electrónica do Concello de Cangas. Este xeito será obrigatorio para aquelas solicitantes que non sexan persoas físicas.
No caso de presentación presencial, as persoas interesadas presentarán a súa solicitude no modelo oficial, acompañada da documentación esixida e debidamente cuberta e asinada, no Rexistro Xeral do Concello de Cangas ou por calquera dos medios indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Neste caso poderá ser precisa a cita previa.
Poderase acceder ás bases íntegras publicadas na Sede electrónica do concello de Cangas.
Alerta