25 agosto, 2021
O Concello de Salvaterra de Miño comeza a conta atrás para os actos conmemorativos da LXII Festa do Viño do Condado do Tea.
Estes actos están totalmente adaptados á situación sanitaria que estamos a vivir, e que non nos permite celebrar a festa como estábamos acostumados; a pesares diso o Concello non se quere esquecer dunha festa tan importante para eles, como é a Festa do Viño, por todo o significado que ten para o municipio.
A viticultura en Salvaterra de Miño ten un peso moi importante, tanto a nivel de produción como económico, pero tamén nos marca como pobo, xa que é un xeito de entender e vivir no noso rural.
Este ano a festa xira ao redor de varias accións que o público en xeral, está acollendo dunha maneira moi positiva.
Por unha banda temos con sistema de inscrición as visitas a adegas con degustación a ADEGAS FILLABOA, LAXAS, MARÍA BARGIEL, LA VAL, SEÑORÍO DE RUBIÓS E PAZO PEGULLAL, que están sendo moi ben acollidas, e nas que aínda queda algunha praza libre; as inscrición faranse directamente nas adegas.
Outra actividade que ofrece este ano a festa son as CATAS COMENTADAS, que serán impartidas por 14 das adegas que participan este ano de balde, así durante o venres, sábado e domingo, os amantes do viño poden escoller a que cata, de que adega, e a que hora queren participar; as prazas están practicamente esgotadas cunha inscrición superior as 200 persoas . Para participar é necesario inscribirse en 617 148 886, ou en museocienciavino@concellodesalvaterrra.org
Outra das novidades é o TUNEL DO VIÑO que se impartirá o venres, e sábado mañá e tarde, e domingo pola mañá; e con unha inscrición a día de hoxe de ao redor de 100 persoas e que manterá as inscricións abertas durante todo o fin de semana. Para poder participar é necesario inscribirse no 617 148 886, en museocienciavino@concellodesalvaterrra.org ou de forma presencial os días da Festa. Todos aqueles que queiran participar poderán degustar 74 referencias de viño de 29 adegas. O tunel vaise dividir en 5 seccións:
1ª Sección: viños de añada actual elaborados coa variedade Albariño 100%.
2ª Sección: viños de añada actual, elaborados co coupage tradicional do Condado do Tea: Albariño, Loureiro e Treixadura.
3ª Sección: viños con vinificacións especiais e añadas antiguas.
4ª Sección: viños tintos monovarietais e plurivarietais.
5ª Sección: Espumosos das Rías Baixas.
Como curiosidade dicir que o viño con máis añada co que conta o Tunel é do ano 2012.
O Sábado levarase a cabo a CATA A PROCURA DOS VIÑOS DELICIOSOS DO ANO, onde participan 26 adegas con 57 viños, 30 albariños, 9 condados, 8 tintos e 10 especiais, dos cales sairán os gañadores deste ano, cos diplomas de ouro, prata e bronce nas categorías de albariño e condado, e diploma de ouro en tintos.
Alerta