14 diciembre, 2021
O concello destina 435. 801,90 euros dos fondos que lle corresponden dentro plan de concellos a esta actuación, que mellora notablemente a seguridade viaria do lugar.
O Concello de Mos iniciou as obras da seguridade do vial e humanización da contorna na que é a segunda fase da Humanización de Cela Esta segunda fase inclúe a execución dunha nova beirarrúa na marxe esquerda, (parte Norte do vial), dendê o Camiño da Quinta ata a Igrexa de Cela.
Esta beirarrúa aumenta o ancho actual, duns 5 m, a 10 m previstos no plan. Con isto, conséguese non só aumentar a seguridade dos peóns, senón mellorar nalgúns puntos o trazado viario, e por tanto a seguridade do tramo.
A actuación compleméntase cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe, o soterramento das redes de servizo aéreas, a mellora da sinalización ou redutores físicos de velocidade, entre outras.
A primeira fase desta humanización foi rematada no ano 2019 e consistiu na mellora da accesibilidade entre a PO-331 e o Camiño da Quinta, coa renovación do pavimento, drenaxe de augas pluviais, creación de beirarúas e renovación alumeado e cuxo coste ascendeu a 141.905,02 euros tamén con fondos do plan concellos
Alerta