Comenzan as obras en vial Cequeliños

Compartir
Obras en Arbo. Fonte: Concello

As obras deron comenzo esta semana e avanzan a bo ritmo.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, supervisaba esta semana os traballos que se levan realizado.

Esta actuación conta cun orzamento de 89.768,94 €.

 

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, supervisaba esta semana os traballos que se levan realizando e informa que as obras estan avanzando a bo ritmo.

 

Obras en Arbo. Fonte: Concello

 

As obras do Vial Cequeliños, que da acceso ao barrio da Igrexa asi como a Igrexa parroquial e o ceminterio, donde actualmente a estes dous últimos lugares non accede un vehículo, comenzaban a semanas pasadas.

Estanse executando traballos previos e escavacións, desbroce do terreo, demolición dos pavimentos existentes. Realizarase a recollida das augas pluviais no camiño de baixada a igrexa, coa execución de tubeiras de PVC de diámetros 315mm e 250mm e arquetas sumidoiro, nos tramos sinalados nos planos. En total executaranse 92m de tubeira. Será preciso ademais repoñer unha tubeira de rego existente, que se atopa moi superficial, entre outras actuacións que conten o proxecto.

 

Obras. Fonte: Concello

O Concello de Arbo, quere agradecer aos veciños e veciñas de Cequeliños, que cederón terreo das súas parcelas para a amplitude de este vial, manifesta o rexedor Horacio Gil, pois con estas melloras que se van a realizar no vial de acceso permitirase ampliar o vial.

Esta actuación conta cun orzamento de 89.768,94 €, e será financiado a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.