18 septiembre, 2024
Este mércores deu comezo o primeiro dos cursos de dixitalización aplicada na nova aula da Casa Cultura de Salvaterra de Miño. En total son 15 alumn@s que a través dunha formación de 30 horas de duración aprenderán a identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais, avaliando a súa finalidade e relevancia para as distintas tarefas profesionais.
O espazo físico onde se imparten as clases é un lugar adecuado con equipamento informático conectado a rede de Internet que permite levar a cabo a formación en
competencias dixitais transversais.
A principios deste ano o Concello de Salvaterra de Miño entrou a a formar parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Financiado pola Unión Europea Next Generation EU e que busca crear unha rede estatal de centros de capacitación dixital, no ámbito do Sistema de Formación Profesional, en entidades locais, que se integrará como parte da rede estatal de centros de capacitación dixital.
Para máis información sobre os cursos e últimas prazas os interesados poden chamar ó 637 832 769 ou enviar un correo electrónico a iviejogomez@asergalicia.com
Alerta