Comeza a renovación do aparcadoiro fronte ao Pavillón Municipal

Compartir
Aparcadoiro fronte ao Pavillón Municipal. Fonte: Concello

Logo da actuación de renovación e mellora do aparcadoiro de Mollavao, hoxe comezaron os traballos para restaurar o firme do aparcadoiro de borde situado fronte ao Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.

 

A actuación será dividida en dúas fases, coa idea de evitar perder todas as prazas ao mesmo tempo. Así, xa está pechada a primeira metade deste aparcadoiro. Unha vez remate todo o proceso de renovación, que inclúe limpeza, desbroces e recuperación do firme, será aberta esta primeira parcela e se continuará traballando na segunda metade do aparcadoiro.

Cómpre lembrar que após a finalización dos traballos manuais, o novo firme precisa duns días para compactar e así facer que perdure a actuación no tempo. Unha vez remate este proceso, será o momento no que se reinicien os traballos na metade que falte por renovar.