As traballadoras sociais do Concello de Vigo concentráronse no dia de hoxe as portas do concello para denunciar a carga de traballo ante a falla de persoal e a situación insostible que con leva, así como o deterioro que se provoca no servizo por ese motivo.
Baixo a lectura dun manifesto que denunciaban a situación de precariedade existente.
O persoal do servizo de benestar social arroupados pola veciñanza e polo sindicato CUT concentráronse para dicir BASTA.
BASTA XA dun sistema de servizos sociais que normaliza a beneficencia e cronifica a pobreza.
BASTA XA da falta de persoal que limita o dereito á cidadanía de ser atendidos nunhas condicións dignas.
BASTA XA de citas de vinte minutos que son insuficientes para unha atención decente.
BASTA XA das longas listas de agarda para calquera tramitación.
BASTA XA de non ter persoal administrativo suficiente que implica non atender o telefono e incluso pechar oficinas
BASTA XA de que un servizo esencial na pandemia, sexa tan pouco recoñecido e invisibilizado polas entidades públicas.
BASTA XA, non soamente por nos senón tamén para ser a voz da cidadanía que se atopa en situacións realmente críticas e sensibles que non están sendo atendidas como se
merecen.
Lembrando que non piden aumentos salariais nin outras melloras sociais para elas.
A súa reivindicación é que o Concello incremente o persoal. O obxectivo é situar a atención aos cidadáns a uns niveis aceptables e poder ofrecer un servizo de calidade, sobre todo para as persoas mais vulnerables como persoas sen ingresos, a piques de ser desafiuzadas, coidadores pendentes da lei de dependencia …
Anunciando próximas mobilizacións concentrándose tódolos venres, e iniciando unha campaña de recollida de sinaturas para denunciar os feitos anteriormente descritos.