Compostaxe para os máis cativos de Arbo

Compartir

Concello de Arbo, leva o campamento de verán, o  Plan Revitaliza da Deputación,  actividades sobre compostaxe para nenas e nenos.

Os nenos e nenas participantes no campamento de Arbo, aprenderon como xerar os mínimos residuos posibles e axudar con esta practica a coidar o medio ambiente.

As actividades educativas do Revitaliza están efectivamente destinadas a nenas e nenos de Infantil, Primaria e Secundaria nos campamentos urbanos, cunha pequena parte teórica e outra práctica, traballando nos distintos aspectos da compostaxe dunha maneira lúdica para facerlles máis alcanzables os conceptos a estes nenos e nenas, que están  a gozar do seu período vacacional.

As actividades amosan como facer para xerar os mínimos residuos posibles e axudar a coidar o medio ambiente. Así aprenden que a reciclaxe dos restos de cociñar e das comidas, das podas dos xardíns e as hortas, faise de forma natural e económica mediante a compostaxe.

Traballarando sempre no campamento con grupos reducidos para garantir a seguridade necesaria segundo o establecido polas autoridades sanitarias e escolares, e coa colaboración da monitoras, realizaronse varios grupos no mesmo día.

O Concello de Arbo, xa puxo en practica o coidado do medio ambiente entre a poboación, repartindo un total de 130 composteiros, e espera seguir estendendo esta practica entre os arbense.