12 noviembre, 2021
A través da aplicación ORVE, instalada nas dependencias que o servizo postal ten no municipio, calquera cidadán poderá enviar copias autenticadas e realizar calquera trámite relacionado coa administración.
A iniciativa é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Oia e Correos e ten como obxectivo rachar a fenda dixital nas relacións entre a veciñanza e a administración local. Deste xeito, as persoas con dificultades no manexo das novas tecnoloxías recibirán axuda do persoal da oficina de Correos á hora de facer as súas tramitacións no rexistro electrónico.
Do mesmo xeito, esta colaboración permitirá que as propias oficinas postais poidan xestionar o cobro de calquera tributo do ORAL.
Finalmente, Correos e Concello de Oia tamén están a explorar as posibilidades dun convenio de colaboración en materia de paquetería e loxística do que poderá beneficiarse o pequeno comercio do municipio.
Alerta