A feira de artesanía e obxetos curiosos do Curtas trasládase á praza de Peixería

Compartir
Curtas. Fonte: Concello

O programa de radio “Carne Cruda” emite mañá en directo dende o Auditorio Municipal nunha edición con público dedicada integramente ao Curtas.

A asistencia ao programa radiofónico é de balde con reserva de entrada a través da web curtas.org

 

A previsión de chuvia que dan para a fin de semana obriga a trasladar de emprazamento a Feira de Artesanía e Obxectos Curiosos do Curtas. A actividade, que en principio ía a desenvolverse na Rúa Rey Daviña, celebrarase finalmente na Praza da Peixería dende mañá e ata o luns. Ademais, no marco do Festival do Imaxinario, o programa de radio “Carne Cruda” fai mañá unha emisión en directo dende o Auditorio Municipal dedicado integramente ao evento audiovisual de Vilagarcía. O público poderá asistir ao programa de forma gratuíta previa reserva de entrada na web curtas.org.

A Feira de Artesanía e Obxectos Curiosos do Curtas desenvolverase do venres ao luns na Praza da Peixería con horario de mañá, (de 11 a 15 horas), e de tarde (de 17 a 21 horas). A celebración baixo cuberto permitirá ao público visitar os postos do mercadiño nos que se ofrecerá a máis variopinta gama de artigos relacionados coa temática do Festival do Imaxinario que este ano ten como especial protagonistas aos Germnlins, os personaxes da famosa película de Joe Dante.

No marco das actividades paralelas organizadas polo Curtas, tamén mañá terá lugar un evento moi especial, xa que o Auditorio Municipal acollerá a emisión en directo do aclamado programa de radio online “Carne Cruda”. O programa dirixido por Javier Gallego estará dedicado en exclusiva ao Festival do Imaxinario de Vilagarcía e, ademais das seccións habituais, contará coas entrevistas a Joe Dante, director de películas como “Los Gremnlins”, “Piraña” ou “Pequenos guerreros”, así como a grandes debuxantes de DC Cómics e Marvel como Belén Ortega, Jesús Merino e Javi Fernández. Luis Rosales, o director do festival promovido polo Concello de Vilagarcía, e o alcalde, Alberto Varela, pechan a lista de entrevistados.

O público poderá asistir ao evento e presenciar en directo a emisión do programa. A entrada será libre e de balde previa retirada de invitación na web do Curtas. O programa comeza ás 20.00 horas.

Demais, as proxeccións das películas, curtametraxes e documentais do festival continúa no Salón García durante toda a fin de semana da ponte de Todos os Santos e tamén contin´ñua abertas as exposicións na Sala Rivas Briones e no Auditorio.