O alcalde con Ángel Rivas e representantes da Federación de comercio de Vigo
29 septiembre, 2021
Abel Caballero mantivo un encontro este martes con membros da Federación de comercio de Vigo para preparar de forma conxunta un plan de actuación para dinamizar a súa actividade logo da “moi boa campaña” dos últimos meses.
O rexedor valorou positivamente a campaña de dinamización, financiada ao cento por cento polo Concello, que se desenvolveu nos últimos meses na cidade e abordou cos representantes da Federación de comercio de Vigo a posta en marcha de forma conxunta de novas actuacións, xa que “iremos xuntos”.
“É importantísimo que o pequeno e mediano comercio supere a crise”, apuntou, tendo en conta que sofre o ataque das compras realizadas a través de Internet “e actuaremos coa nosa propia central”, ao tempo que “seguiremos con campañas de mobilización”.
Caballero referiuse á campaña de Nadal na que o obxectivo municipal é tratar de que a xente que visita a cidade “vaia a máis sitios que ao centro”, polo que encargou á Federación a elaboración dun plan de actuación para dinamizar o pequeno e mediano comercio de tódolos ámbitos, que será asumido polo Concello.
Na reunión deste pasado martes participaron Raúl Fontán, xerente da Federación de comercio de Vigo; Roberto Giráldez, presidente; Anxo Méndez, da Asociación de comerciantes zona centro; Rubén Pérez, de comerciantes zona náutico; María Jesús Román, dos comerciantes Teis e Encarna Álvarez, dos comerciantes Calvario.
Alerta