Concerto de Xoel López en Mos

Compartir

Saen á venda as entradas para o concerto de Xoel López en Mos con motivo de La Vuelta.

O prezo dos tickets para o espectáculo que terá lugar no Campo de Fútbol das Baloutas é de 15 euros.

 Desde o Concello de Mos infórmase de que a partires do xoves 19 de agosto, ás 16.00 horas da tarde sairán á venda as entradas para o concerto de Xoel López en Mos con motivo da etapa 20 de La Vuelta 21 Sanxenxo-Mos, que finalizará no Castro de Herville o vindeiro 4 de setembro.

Os tickets poderán adquirirse a través da plataforma de ticketing Weezevent na ligazón https://www.weezevent.com/xoel-lopez-en-mos-31-de-agosto-2021

O prezo dos tickets para o espectáculo, que terá lugar no Campo de Fútbol das Baloutas o vindeiro 31 de agosto, martes, ás 20.30 horas, é de 15 euros por persoa.

O número de entradas dispoñibles ascende a algo máis de 400, tal e como establecen os protocolos e medidas de prevención anti COVID-19 en vigor, polo que se recomenda aos interesados/as que non demoren a adquisición das mesmas.

Concertos de La Vuelta 21

Ademais de Xoel López, o propio 4 de setembro, día da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos, celebrarase outro concerto de altura no municipio. Será o que ofrecerá o emblemático grupo Milladoiro

Xacobeo 2021-2022

O Xacobeo 2021-2022 ofrece deste xeito 3 grandes concertos en Mos este verán, por un lado o de SÉS celebrado o 7 de agosto con motivo do Patrón local, San Mamede, e durante os próximos días o de Xoel López do 31 de agosto e Milladoiro, o 4 de setembro. Trátanse os 3 de grandes espectáculos subvencionados pola Xunta de Galicia.

É por elo que, desde a administración municipal mosense agradécese neste senso enormemente o aopio da Xunta e do Xacobeo, que permite e fai posible esta gran programación musical en Mos. Sen o respaldo autonómico, estes tres grandes concertos non serían posibles, por iso é máxima a gratitude do Concello cara á Xunta de Galicia; pola colaboración para que Mos teña o Xacobeo e La Vuelta que merece.