As parroquias de Aldán e O Hío e os lugares de San Roque e Liméns quedarán sen abastecemento de auga durante a noite do mércores 22 de novembro a causa das obras de reparación dunha liña xeral de abastecemento. A compañía de auga de Cangas estima que o servizo volverá á normalidade a partires das 8.00 horas do xoves 23.
Corte de abastecemento de auga en O Hío e Aldán por reparación en San Roque
• As obras serán entre ás 22.00h do mércores 22 e as 8.00 horas do xoves 23
Os servizos de detección de fugas descubriron a avaría na tubería principal que segue o percorrido do Camiño Vello de San Roque que, aínda que permite manter a subministración provisionalmente, é preciso proceder a súa reparación.
Tanto a perda de abastecemento como a súa recuperación terán un diferencial horario en función da distancia ao punto do corte como da altitude, polo efecto da presión da auga na rede de tubaxes.
Intensidade de reparacións
Os últimos dous meses están a ser de intenso traballo para os equipos profesionais da UTE Gestión Cangas a causa da forte acumulación e intensidade das chuvias. Segundo os datos da Aemet (Axencia Estatal de Metereoloxía), as catro últimas semanas teñen sido as de maior pluviometría en 36 anos no municipio . As brigadas de traballo veñen atendendo incidencias diarias nas redes de saneamento e abastecemento.
As emerxencias por pluviosidade veñen sendo especialmente complexas na rede de saneamento, ao converxer en moitas zonas as augas do
saneamento coas do alcantarillado de augas pluviais.