3 septiembre, 2021
O divertido espectáculo baséase nun reality show, no que o público vota en directo quen quere que sexa o gañador, e reciba o premio da súa vida
As localidades están a venta a partir de mañá en ataquilla.com ou no teléfono 902504500
A nova temporada de teatro organizada pola Concellería de Cultura de Vilagarcía e a Agadic, estréase o vindeiro 25 de setembro, ás 20.00 horas coa comedia “O Premio”, coprodución da compañía La Quintana Teatro e o Centro Dramático Galego.
Como é habitual no ciclo organizado pola Concellería, as entradas teñen un prezo reducido de 5 euros para o público en xeral, e de 3 euros para maiores, desempregados e titulares do carne xove. O aforo é de 370 butacas.
Marián Bañobre dirixe “O Premio” que baixo o lema de, “Morrer logrando a fama. Todo para un soño”, o reality prevé tres posibles finais en función dos desexos do público.Trátase dunha comedia aceda que fala da situación das persoas, dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico, e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, que obriga a xente a caer en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.
O argumento desta obra parte de que nun futuro non moi afastado,cando o envellecemento da poboación sexa tal, que a carga das pensións somerxa ao país na “crise ao cubo”, aos dirixentes do Estado ocórreselles unha insólita medida: crear o xogo da túa vida.
Como outros espectáculos de La Quintana Teatro, esta obra parte da investigación a pe de rúa. Nesta obra explorarase á muller cosmopolita, á muller tradicional, ao home perdido e o prezo da felicidade. Con tan só tres actores sobre o escenario, conseguen crear a convención do espectador de que viaxou 30 años no tempo, ata 2050.
A tempada teatral de outono inclúe ademais outras dúas funcións: A compañía Elefante Elefante representará a súa obra “Dreaming Juliete”, o 2 de outubro, e o ciclo péchase o 6 de novembro, co espectáculo de Ibuprofeno Teatro “A mel non caduca”.
WhatsApp us