Danza para para por en valor o castro de Troña

Compartir

O vindeiro domingo ás 20.00 horas as persoas que visiten o castro de Troña poderán desfrutar do espazo dunha maneira especial. Catro compañías de danza bailarán entre os castros mostrando a súa arte para por en valor a xoia do patrimonio de Ponteareas. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, destaca que esta actividade “é unha oportunidade única para coñecer dende a creación artística un espazo con tanto significado para nós”.
As primeiras danzas que percorrerán os castros forman parte do espectáculo “Coreografías dun DeMente” da compañía de Fran Sieira, seguírao Álvaro Murillo co seu baile “8km en mula, despois será a quenda de Fran Martínez coa súa creación “ATemperatura OTemperamento”, e rematará a xornada NODE con “Emakumeak”.
O espectáculo forma parte do programa “Propulsa”, que organiza a Xunta de Galicia para exhibir todo o potencial creativo e patrimonial que atesoura Galicia. A actuación en Ponteareas é a última dun ciclo que pasou polo Cabo Fisterra, o castelo de Monterrei, e o peirao de Rinlo entre outros.