David Pérez Cortegoso visita O Concello de Salvaterra

Compartir
Daniel Pérez Cortegoso no Concello. Fonte: Concello

Onte tivemos o pracer de recibir no Concello, recén chegado da súa última competición, a visita de Dani Pérez Cortegoso, o noso veciño Piragüista de Aguas Bravas na categoría de “Slalom”

Este Salvaterrense de 19 anos, é todo un campión nun deporte tan espectacular coma sacrificado

 

Dani comezou no piragüismo con 12 anos, e ao longo destes 7 anos xa ten un palmarés envexable, e unha humildade que o levará sen dúbida a colocar o seu nome e o do noso Concello por todo o Mundo.

Entre o seu extendido Palmarés atopamos:
– 3 veces campión de España na categoría Junior
– 10º puesto no Mundial Junior no 2019
– 4º posto no Campionato de España Absoluto
– Campión Galego Absoluto no 2020

Recentemente ven de lograr un 9º posto no Europeo sub-23, que tivo lugar en Eslovenia, sendo un orgullo para tod@s nos.

Pero este rapaz ten moi claros os seus obxectivos de cara o futuro, e non se conforma con pouco, xa que se propón chegar a ser medallista mundial no Europeo sub-23, finalista nas Copas do Mundo Absolutas e, coma se fose pouco, quere prepararse para as Olimpiadas de París 2024.

Dende O Concello queremos trasladar todo o noso agarimo e folgos a este ambicioso e súper deportista!!!!