30 noviembre, 2024
A delegación da provincia de Pontevedra tomou parte nos debates do 41º Congreso Federal do PSOE para “enriquecer” a ponencia marco coas propostas e ideas da militancia
A voz da militancia socialista da provincia de Pontevedra escoitouse en tódalas comisións do 41º Congreso Federal do PSOE, que hoxe arrancou no Recinto Feiral de Sevilla. Un total de 130 emendas foron trasladadas para a súa toma en consideración de cara á elaboración da ponencia marco que será aprobada mañá, domingo. Como recordou o secretario xeral provincial, David Regades, o documento que vai servir de folla ruta para seguir transformando España “os próximos tres anos de lexistura e os que virán”.
“Estamos aquí para transmitir ao noso partido a enerxía da provincia de Pontevedra, que sempre está na dirección de construír unha España mellor”, afirmou Regades, quen subliñou que sen as mulleres e homes do Partido Socialista é imposible deseñar España en clave social.
Regades afirmou nunha intervención diante da Delegación da provincia que “o Goberno de Pedro Sánchez vai ter estabilidade nestes próximos tres anos de lexislatura e, ademais, vai ser duradeiro no tempo, porque non hai ningún proxecto político alternativo”. “Con todo, o realmente importante, é que somos o único partido que incrementou os dereitos da xente e temos moi claro que hai que seguir pelexando pola educación, a sanidade, os maiores, a clase traballadora… por facer e conseguir unha España mellor”.
A delegación da provincia de Pontevedra no Congreso de Sevilla está formada por 18 persoas en calidade de delegados/as e outras 18 como
observadores/as. A lista da Delegación está encabezada por David Regades e complétana a senadora Carmela Silva; o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela; a secretaria xeral pontevedresa, Maica Larriba; o voceiro de Pontevedra, Iván Puentes; a alcaldesa de Silleda e congresista Paula Fernández; o alcalde de A Cañiza, Luís Piña; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; o alcalde de O Grove, José Cacabelos; a voceira municipal de Lalín, Alba Forno; o concelleiro e xeral vigués, Ángel Rivas; a deputada autonómica Paloma Castro; a voceira municipal de Mondariz, Violeta Lois; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o voceiro de Poio e deputado provincial Gregorio Agís; a secretaria xeral das Xuventudes de Moaña, Rihanna Currás; o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira e a tenente de alcalde de Bueu, Isabel Quintás.
Alerta