25 noviembre, 2021
“Si me matan, sacaré los brazos de la tumba y seré más fuerte”, Minerva Mirabal.
Un ano máis, e coincidindo co 40 aniversario desde a súa constitución, a Federación Española de Municipios e Provincias e ao seu carón as Entidades Locais e entre elas o Concello da Cañiza, renovan o seu compromiso coa igualdade e contra a violencia de xénero, e mostran a súa preocupación ante o aumento dos asasinatos de mulleres a mans das súas parellas e exparejas e ante a escalada de violencia vicaria.
Pasaron catro décadas desde que Latinoamérica marcou o 25 de novembro como o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres en honra ás dominicanas Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, tres irmás asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo, do que eran opositoras. 20 anos despois, Nacións Unidas declaraba esa mesma data como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
En España, a Constitución de 1978 consagra, a través dos seus preceptos, a Igualdade real e efectiva, así como a plena participación de toda a cidadanía na vida política, económica, cultural e social (artigo 9.2), a Igualdade de sexos (artigo 14), o dereito á vida, á integridade física e moral, sen que poida ser sometida a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes (artigo 15), o dereito da persoa á liberdade e a seguridade (artigo 17), e o dereito á intimidade persoal e familiar (artigo 18). E en 2004, a aprobación da Lei Orgánica, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, supuxo un paso máis na loita contra a Violencia de Xénero.
A pesar de todos os esforzos, a histórica desigualdade entre mulleres e homes continúa afectando non só á súa integridade física senón ao recoñecemento da súa dignidade e é por iso que, grazas á conciencia social e ao rexeitamento da cidadanía, España foi o primeiro país en acordar, en 2017, un Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
En todo momento, as Entidades locais estivemos e seguimos estando á beira e ao carón das vítimas, impulsando o debate político para que o público deixe de ser privado; apoiando a lexítima reivindicación do dereito das mulleres a non sufrir ningún tipo de violencia; e abordando, desde un enfoque multidisciplinar, a planificación das políticas locais, o acompañamento integral ás vítimas e o desenvolvemento de medidas de sensibilización e prevención dirixidas ao conxunto da cidadanía.
Pola nosa proximidade, os Concellos asumimos a implementación directa de normas e plans con medidas específicas que favorecen a igualdade de oportunidades, redobramos os esforzos na detección da violencia de xénero, en todas as súas formas e en todos os seus ámbitos; e deseñamos, desde a defensa dos dereitos das mulleres, políticas integrais para superar esta secuela social que rompeu miles de vidas.
O Concello da Cañiza únese á conmemoración do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra a Muller, coa firme intención de manifestar, un ano máis, o rexeitamento á vulneración dos dereitos e ás liberdades das mulleres e dos seus fillos e fillas como así o é, a violencia de xénero: «violencia hacia a muller polo simple feito de ser muller».
Miles de mulleres son vítimas das diferentes formas das que a violencia de xénero se nutre: violencia física, psicolóxica ou sexual. Exercida sobre elas a maioria das veces polas súas parellas, exparellas ou outra clase de agresores. A trata de mulleres e nenas con fin de explotación sexual, a mutilación xenital, matrimonios forzados en idades temperás son exemplos deses feitos….
Queremos facer este ano mención ás agresions sexuais grupais que nos últimos anos están indo en aumento, sobre todo en adolescentes e que nos deben facer reflexionar:
◦ Sobre o valor da educación dende a familia, dende o ámbito educativo e a sociedade en xeral.
• Sobre o uso axeitado das novas tecnoloxías, o seu acceso e as mensaxes que de xeito encuberto se transmiten.
• A supervisión parental e a necesidade de pór en valor o respecto, os límites, a tolerancia e a diversidade en cuestións de xénero, e sobre todo a educación na liberdade e no bo trato.
Considerando que calquera forma de maltrato é froito dun comportamento, a mellor maneira para combatilo e poder prevelo e continuar asumindo o compromiso como entidade local na implementación de medidas integrais eficaces.
Medidas que se traducen en políticas preventivas e de intervencion, na mellora de recursos para a atención das mulleres e os seus fillos e fillas que se atopen en situación de violencia de xénero e en desenvolver todas aquelas actuacións de concienciación, sensibilización e prevención do uso da violencia como modo de relación en prol dunha educación baseada no BO TRATO. Modelo que sirva de guía en todas aquelas actuacións e accións que dende o concello se promovan.
Por todo isto o Concello da Cañiza MANIFESTA que:
– Adherímonos a esta Declaración e sumámonos a todas as voces que claman por un futuro en igualdade.
– Recoñecemos a gravidade da violencia machista como un problema político de primeira orde, de saúde pública e como un grave atentado aos Dereitos Humanos fundamentais.
– Asumimos a responsabilidade no proceso de intervención con vítimas de violencia machista e defendemos o principio de reparación en todas as súas fases.
– Alertamos sobre o aumento dos asasinatos machistas e manifestamos a nosa preocupación ante a violencia vicaria e ante o desamparo que sofren os orfos e orfas.
– Lembramos que é necesario garantir que a igualdade de xénero e os dereitos das mulleres como elemento crave para garantir a recuperación social e económica de todas as persoas a nivel global.
– Defendemos a necesidade de promover accións globais consensuadas que garantan a continuidade das políticas dirixidas á eliminación das normas sociais discriminatorias e o reforzo dos programas de prevención e loita contra a violencia de xénero.
– Demandamos a implementación de proxectos e programas locais que garantan a igualdade de xénero no emprego e o apoio ao espírito empresarial das mulleres, como medidas para preservar a súa independencia económica e previr a violencia de xénero.
– Manifestamos novamente a nosa preocupación polas altas taxas de emprego temporal das mulleres que, unido á destrución e a caída do emprego advirten dun perigoso aumento da brecha de xénero.
– Ratificamos o noso compromiso co Pacto de Estado contra a violencia de xénero e lembramos a necesidade de continuar avanzando no seu desenvolvemento.
Neste senso asumimos o compromiso de que as liñas de política municipal en torno a igualdade real e efectiva sexan:
• Prestar especial atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade e aos seus fillos e fillas.
• Integrar a perspectiva de xénero nas nosas decisións municipais.
• Traballar na prevención da violencia machista e na promoción dos valores de igualdade e respecto entre a poboación, especialmente a máis nova.
• Identificar e emendar as posibles deficiencias que atopemos a nivel municipal na loita contra a violencia hacia as mulleres.
• Promover unha representación municipal equilibrada de mulleres e homes en todos os ámbitos de actuacion municipal.
• Promover o uso dunha linguaxe libre de connotacions sexistas.
• Promover a ética e a corresponsabilidade nas tarefas e o coidado tanto de menores como de persoas dependentes.
Como entidade local interpelamos para que todas as persoas elixan a igualdade, a tolerancia e a corresponsabilidade como valores propios e a solidaridade e o empoderamento como principios para todas aquelas mulleres que dalgún xeito loitaron e continúan loitando pola defensa dos seus dereitos.
Alerta