16 septiembre, 2023
600 persoas xa reservaron asento para o DesfilaMos e Concurso de Novos Deseñadores das Palilleiras de Mos que se traslada ao Pavillón Patricia Martínez pola previsión de choiva
Será hoxe a partir das 20.30 horas. E desde onte xa se atopa aberta ao público a exposición da búlgara Bistra Pisancheva
A Asociación de Palilleiras de Mos organiza unha nova edición do seu Concurso de Novos Deseñadores e o DesfilaMos 2023 que terá lugar mañá sábado 16 de setembro ás 20.30 horas no Pavillón Patricia Martínez, xa que a predicción de choiva impedirá celebrala nos xardíns do Pazo de Mos como estaba previsto. As Palilleiras mosenses contan coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos e o Obradoiro de Emprego Queda en Mos para este evento.
DesfilaMos é un evento onde artesanía, moda e novos deseñadores que promoven e promocionan a artesanía do encaixe de palillos “palilleir@s”.
Durante o desfile de mañá sábado terá lugar o Concurso de Novos Deseñadores pero tamén estarán presentes representantes de Bulgaria e Portugal, así como tamén participarán virtualmente Arxentina, Italia, Polonia e Eslovaquia, e diferentes artesáns e empresas de Galicia.
Para asistir como público, as persoas interesadas debían facer reserva previa do seu asento antes do pasado mércores 13 de setembro.