Luis Piña visitou esta mañá aos usuarios do Centro Anxo, para agradecerlles persoalmente esta acción solidaria, en beneficio das familias incluidas nos programas de emerxencia social desenvolvidas dende o Concello.
Estes programas engloban actuacións de carácter individual e familiar, levados a cabo dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello.
Son axudas individualizadas dirixidas a apoiar economicamente a persoas ou unidades convivenciais cuxos recursos resultan insuficientes, necesarias para previr, evitar ou paliar situacións de exclusión social.