2 septiembre, 2021
Mañá, venres 3 de setembro, celebrarase o acto institucional para homenaxear ao exciclista Óscar Pereiro en Mos
Neste acto tamén se inaugurará unha escultura do deportista, realizada con vidro reciclado por Ecovidrio, para recoñecer o compromiso de Óscar Pereiro co ciclismo e a promoción da reciclaxe como hábito exemplar para o coidado do medioambiente.
Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España e o Concello de Mos renden así homenaxe a Óscar Pereiro, natural de Mos e campión do Tour de Francia en 2006, pola súa traxectoria deportiva e o seu labor en defensa da sustentabilidade.
Á inauguración asistirá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; o director de La Volta, Javier Guillén; o director de Marketing de Ecovidrio, Borja Martiarena; e o homenaxeado, Óscar Pereiro, exciclista e embaixador de La Vuelta Sostible.
DATA: 3 de setembro de 2021 HORA: 19:30 horas. LUGAR: Mos, xunto ao Edificio Multiusos “Das Pozas”, PETELOS.
Ubicación Google MAPS: https://www.google.es/maps/place/Multiusos+das+Pozas+Mos/@42.1942401,-8.6345282,17z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0xd2587b0d5b2e965:0xd21a0cd44f469953!8m2!3d42.1942085!4d-8.6323357?hl=es
Alerta