3 noviembre, 2024
5 efectivos do Servizo Municipal partiron esta tarde dotados de dous vehículos especializados e material para intervencións en urxencias
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Emerxencias, Leo Costas, informan de que esta tarde partiu rumbo a Valencia persoal do Servizo Municipal de Emerxencias para colaborar nas tarefas de axuda á poboación tras a devastadora Dana causante de tan graves danos materiais e humanos.
Arévalo e Costas explicaron que 5 persoas, 3 GES profesionais e 2 voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Mos, parten rumbo a Valencia nun dispositivo de 10 días de duración –aproximadamente- portando consigo vehículos especializados e material de traballo. Os vehículos mosenses que realizarán tarefas os vindeiros 10 días en Valencia son unha bomba rural pesada e un furgón de servizos FSV. E o material que levan consiste en bombas de achique, xeneradores eléctricos, material de excarcelación e ferramenta variada.
Mos puxo en marcha este dispositivo en resposta á petición solicitada pola Axega da Xunta de Galicia a raíz do comunicado oficial da Comunidade Valenciana solicitando medios e axuda. 112 Valencia fixo un chamamento para coordinar o envío de medios profesionais.
Ademais no día de onte o Concello de Mos, grazas á colaboración de AEMOS, alugou un total de 11 xeradores eléctricos a maiores que xa foron tamén enviados a Valencia. Neste senso desde a administración local mosense quérese agradecer encarecidamente o apoio de AEMOS, así como tamén dárlle as grazas a Sumyrent, empresa que alogou os xeneradores.
A decisión de enviar este material foi froito das conversas da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co equipo da alcaldesa de Valencia para saber as necesidades mais urxentes coas que o Concello podería colaborar, e lle transmitiron que o que máis precisan neste intre son xeradores de enerxía.
Así, onte pola mañá saíu dende Mos un furgón cargado con material de traballo e grupos electróxenos lixeiros, e no día de hoxe saíron outros dous camións con 6 grupos de máis de 100 KVA de potencia para axudar en todo o que precisen. Desprazando así un total de 11 equipos electróxenos autónomos que se unen ao convoy de alimentos e outras aportacións que tamén hoxe sae dende MOSA XUDA.
“Queremos agradecer a Protección Civil de Mos, ao Servizo Municipal de Emerxencias “GES” e a Seganosa, toda a colaboración destes días para a rápida actuación, así como ás empresas subministradoras do material por entregalo tan rápidamente” declararon rexedora local e edil de Emerxencias.
Por último informar que a campaña de recollida de alimentos e roupa de cama, mantas e toallas para os afectados pola Dana que durante todo o día de hoxe se realizou en Mos Axuda foi todo un éxito e foi moitísima a xente que se achegou a entregar a súa aportación.
Desde o Concello de Mos coa colaboración de Mos Axuda e AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos), organizouse esta recollida de alimentos e roupa de cama, mantas e toallas para os afectados pola Dana.
A recollida fíxose hoxe durante todo o día no local de Mos Axuda (Estrada Puxeiros – Peinador) en horario de 10:00 h a 20:00 h. A axuda solidaria recollida enviarase ás naves habilitadas nos tres pobos máis afectados: Paiporta, Picanya e Catarroja e está dotada dos elementos para cubrir as necesidades máis acuciantes para a poboación afectada que son: Auga. Leite. Conservas. Comida de bebé (leite en pó NOTA DE PRENSA e potitos). Comida non perecedeira. Mantas, roupa de cama e toallas. Biberóns, “toallitas” e pañais. Papel hixiénico. Cargadores de móbil.
Alerta