30 septiembre, 2021
O Concello de Salvaterra de Miño ven de iniciar as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, en Fornelos, por un importe superior aos 45.000,00€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial, co fin de seguir mellorando e ampliando a súa rede de saneamento, e en consecuencia os servizos ofrecidos aos seus veciños e veciñas.
As obras incluídas neste proxecto consisten na limpeza, corte e demolicións de firme, completar a rede de servizos existentes no lugar de Carrascal e a reposición das gabias, co fin último de dotar de saneamento ás vivendas, que actualmente non posúen dito servizo, para que se poidan conducir as augas residuais ao colector xeral, para o seu posterior tratamento.
En total prevese executar 442 metros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. O tramo a executar desembocará nun colector existente, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.
Alerta