13 febrero, 2025
A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol continúa co seu compromiso de actualización e formación de técnicos de fútbol e o pasado sábado puxo en marcha o curso Básico de Análise e Scouting en Fútbol, cuxa finalidade consiste en proporcionar aos alumnos a formación nas ensinanzas para identificar, evaluar e analizar tanto a xogadores/as como a equipos, empregando as metodoloxías e ferramentas que dispoñen os clubes de fútbol.
Así, e a través dunha combinación de teoría e práctica, os estudantes aprenderán a utilizar ferramentas tecnolóxicas, a interpretar datos estatísticos e a realizar análises técnico-tácticas que poden marcar a diferencia no rendemento dun equipo.
Esta nova formación é presencial e ten lugar na sede federativa da RFGF en Santiago de Compostela, ubicada no estadio Vero Boquete de San Lázaro.
Plan de formación e carga lectiva
As sesións presenciais celebraranse os sábados en horario de 10 a 14 horas ata o 8 de marzo.
Os obxectivos pretendidos no curso son:
Inauguración oficial da actividade formativa
O presidente da RFGF, Pablo Prieto, o vicepresidente Javier García e a delegada federativa Silvia Cancela participaron na posta de longo do curso o pasado sábado. O novo reitor do fútbol galego fixo entrega dunha camisola aos coordinadores da actividade: Pablo López e Jesús Puente.
Alerta