En outubro, un clásico de Skakespeare e o xénero musical maridan en “Dreaming Juliet”

Compartir
Elegante Elefante. Fonte: Compañia de Teatro

O espectáculo de Elefante Elegante represéntase o día 2, ás 20 horas.

Cun aforo de 370 prazas, as localidades están á venta en ataquilla.com e no teléfono 902 504 500 a 5 euros (máis custes de xestión). De quedar entradas, tamén na billeteira do Auditorio dende dúas horas antes do inicio da función.

 

A Concellería de Cultura de Vilagarcía vén de abrir a venta das entradas para o segundo espectáculo da tempada teatral de outono: a obra de teatro musical “Dreaming Juliet” que a compañía Elefante Elegante porá en escena no Auditorio Municipal, o sábado 2 de outubro ás 20.00 horas. As entradas para a representación, incluída na programación conveniada entre Concello e AGADIC, véndense a 5 euros, cun prezo reducido a 3 euros para o colectivo de maiores de 65 anos, titulares do Carné Xoven e desempregados.

“Dreaming Juliet” inspírase no “Romeo e Xulieta” de Willian Shakespeare co obxectivo de abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor. A peza do dramaturgo inglés, un referente universal da literatura clásica, relata o drama vivido por Romeo e Julieta, dous amantes cuxa relación, impedida polo confrontamento entre as súas respectivas familias, remata nun tráxico final: a morte dos protagonistas.

O espectáculo Elefante Elegante dálle unha vola á historia, para crear un novo final no que os amantes, en lugar de morrer, acaban xuntos e crean unha familia. “Dreaming Juliet” especula sobre o que lle podería acontecer á parella máis famosa da literatura si o principal obstáculo a súa relación non fose a oposición das súas familias, senón ter que enfrontarse a rutina do mundo contemporáneo. Como envellecería Romeo? Cales serían os soños de Julieta? Que lugar nas súas vidas permanecería dispoñible para o amor? Todas estas preguntas atopan unha posible resposta na montaxe na que o xénero musical marida en perfecto equilibrio co teatral.