En Ribadumia, volve ao Centro Social de Leiro o servizo de axuda ós veciños nos trámites de modificación dos enderezos

Compartir

O Concello de Ribadumia decidiu ampliar o prazo con tres días máis de servizo debido á petición efectuada por varios veciños da parroquia que demandaban maior tempo para a busca da documentación necesaria para os cambios. O servizo de axuda ós veciños nos trámites de modificación dos enderezo volta a estar no Centro Social de Leiro os días 16, 17 e 18 de agosto  despois de que xa prestase os seus servizos entre o luns 2 ó venres 6 de agosto.

O horario de atención ao público será o mesmo de 9.30 á 14 horas e o persoal de atención centrarase en aclarar dúbidas e facilitarlles os veciños o cambio de numeración tanto de cara ás institucións públicas como ás empresas privadas.

Recórdase a todos os veciños da parroquia que deben ir provistos da documentación necesaria para facer efectivo o cambio de enderezo. Polo tanto, é indispensable achegar copia do seu DNI e das facturas, recibos, contratos ou pólizas nos que deban cambiar a numeración, xunto coa correspondente autorización para que sexa o propio persoal municipal o que realice directamente o trámite vía telefónica ou vía mail.

Na parroquia de Leiro, este servizo tivo moi bo acollemento pola atención veciñal individualizada e exclusiva nesta materia. Na parroquia de Leiro xa foron atendidos ata o momento preto de dun centenar de veciños.