25 agosto, 2021
A Concellería de Persoas Maiores informa de que aínda quedan dispoñibles 7 prazas para participar nas travesías en galeón para persoas maiores de 65 anos. A participación nas singraduras a realizar o día 1 de setembro pola tarde é de balde e os interesados en anotarse deben dirixirse ás dependencias da Concellería en horario de 9 a 13 horas. O prazo remata o venres, 27 de agosto. En caso de terse inscrito máis persoas que prazas ofertadas (18), realizarase un sorteo para asignalas.
Persoas Maiores organiza estas travesías en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente e a través do convenio asinado coa asociación Rompetimóns para a realización do programa de roteiros turísticos de verán, unha actividade que ten boi boa acollida todos os anos, como o demostra que as prazas se esgoten case o mesmo día no que se abre a inscrición. As reservas para o programa convencional fixéronse a través de ataquilla.com, un sistema que para moitas persoas maiores supón unha traba por non ter acceso aos medios dixitais ou por non saber manexalos. Esta é a razón pola que a Área que Maiores que dirixe Tania García organiza estas dúas travesías exclusivas para maiores de 65 anos. O da idade, xunto con estar empadroado en Vilagarcía, son os únicos requisitos para poder participar nesta iniciativa.A
Alerta