Escaleira. Fonte: Concello
30 noviembre, 2021
Dentro das activades desenvolvidas para visibilizar o traballo en prol da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Así o comunicou hoxe o Alcalde Luis Piña despois de colocar nas escaleiras do CPI da Cañiza os vinilos en prol da Igualdade. Este formato será colocado tamén nos vindeiros días no centro da ESO, no CEIP de Valeixe e no IES da Cañiza.
«A escaleira da igualdade» formará parte de todos os centros educativos do Municipio. Recolle parte dos principios dunha sociedade tolerante, inclusiva e igualitaria e pretende servir de material de reflexión para todo o alumnado dos centros educativos e de material de traballo para o profesorado.
O Concello continuará traballando de cheo neste eido, poñendo especial atención na importancia da formación, da concienciación e da prevención dende a infancia, tanto dende o ámbito da familia como dende o contexto escolar.
Alerta