9 noviembre, 2021
A institución destina a esta liña 15.000 euros e as interesadas poderán solicitar as achegas para axudarlles a financiar os seus estudos ata o 1 de decembro.
Trala publicación onte das bases no Boletín Oficial da Provincia, hoxe, martes 9 de novembro, ábrese o prazo para solicitar as novas axudas da Deputación de Pontevedra, que teñen como fin impulsar a formación de mulleres para postos de adestradoras ou técnicas na provincia e ás que a institución destina un orzamento total de 15.000 euros.
Estas achegas, cuxo procedemento de concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, están dirixidas a fomentar o incremento do número de adestradoras nos equipos femininos e masculinos de base e de elite da provincia, e rachar así coas actuais cifras de infrarrepresentación das mulleres neste eido. A institución provincial busca con esta nova liña, amais de paliar a escasa presenza feminina no ámbito do adestramento, fomentar que nun futuro tamén un maior número de mulleres en altos cargos de decisión en organizacións deportivas.
Deste xeito, a Deputación ofrece axudas para as mulleres que desexen realizar estes estudos e estean empadroadas na provincia ao menos desde o 1 de xaneiro do 2021. En todo caso, o importe da axuda recibida non poderá superar o 80% da matrícula. As interesadas deberán presentar as solicitudes preferentemente por medios electrónicos a través do formulario na Sede Electrónica da Deputación, (sede.depo.gal) e o prazo finalizará o 1 de decembro de 2021.
Alerta