12 agosto, 2024
O Concello de Salvaterra de Miño organiza dentro do Verán Cultural 2024 o I Desfile de Moda con participación de asociacións, emprendedor@s e deseñador@s.
O mércores 14 de agosto a partires das 21:00 horas na Praza do Concello de Salvaterra de Miño daranse cita artistas e creadores que desenvolven o seu traballo no Concello ou teñen relación con él. Un primeiro desfile que busca promocionar todo o talento, que é moito, e expoñelo para todos os veciños e veciñas dentro do Verán Cultural.
As Xoaniñas da Retoral, Manos Creadoras, Pequenanos, Qué Pelusilla, o Grupo de Labores de Fiolledo, Mar Jewelrin e as deseñadoras Lucía González, Laura Araújo e Uxía Loureiro presentarán as súas creaciones e coleccións para todo o público.
Ademais exporán os seus productos e deseños para que calquera poda achegarse a velos.
Esperamos contar coa presenza de todas e todos nunha noite diferente e con moito estilo.
Alerta