6 marzo, 2024
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións supervisou os traballos para habilitar un itinerario peonil continuo de 1,4 km de lonxitude na marxe dereita destas 2 vías autonómicas
― Habilítase unha senda de 1.100 metros na PO-302 e un itinerario de 270 metros ao longo da PO-306, cunha anchura mínima de 2,20 m para favorecer a accesibilidade e a mobilidade dos veciños
― Vázquez Mourelle destaca o bo ritmo das obras, co 80% xa certificadas
― Están realizadas as canalizacións de drenaxe, o abastecemento e o saneamento, o aglomerado da senda na PO-302 e habilitadas 35 prazas de estacionamento na zona do Auditorio
― Sinala que as tarefas céntranse agora na sinalización e balizamento da senda da PO-302 e na execución da zona de estacionamento na PO-306, con 51 prazas preto da ponte do Terrón
― Subliña que en total se porán ao servizo dos veciños 86 prazas de aparcadoiro en batería, 54 máis das que había, reservando 3 delas para persoas con mobilidade reducida
― Salienta esta actuación da Xunta completa a rede de sendas executadas nos últimos anos neste municipio, máis de 8 km de itinerarios e máis de 5 M€ de investimento
Audio de Ethel Vázquez (Conselleira de Infraestructuras e Movilidade)
Audio Alcalde de Vilanova
Alerta