26 octubre, 2021
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe nos actos organizados pola Asociación Alento coincidindo co Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido.
O Goberno autonómico investiu 850.000 euros nesta asociación no 2021 para o mantemento de 72 prazas públicas.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe nas actividades organizadas pola Asociación Alento con motivo da celebración do Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido, onde aproveitou para renovar o compromiso do Goberno autonómico con políticas reais e eficaces, que “garantan máis e mellores servizos para las familias e den cobertura ás persoas que máis o precisan”.
Neste contexto, avogou por visibilizar as persoas con dano cerebral e concienciar a poboación sobre unha realidade que afecta a máis de 35.000 galegos e galegas e que chega de forma repentina. “Aportar solucións que fagan más sinxelo o seu día a día, mellora a súa calidade de vida e das súas familias, é para nós un obxectivo prioritario e irrenunciable”, sinalou.
Por elo, o Executivo galego investiu nesta asociación 850.000 euros, no 2021 para o mantemento de 72 prazas públicas.
A xornada de portas abertas celebrada en Alento e que contou coa presenza de Marta Fernández-Tapias en representación da Xunta de Galicia, consistiu na lectura dun manifesto polo Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido. Unha iniciativa que se suma a outras organizadas coa Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), o 28 de octubre en Cangas, e Discamino, o 29 de outubro polo Día do Ictus, na propia sede de Navia.
Alerta