A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, e delegada da Xunta en Vigo, pon en valor a importancia de promover vivendas de promoción pública, nomeadamente na cidade Viguesa, cos maiores rexistros de demandantes de entre as urbes galegas
Insiste en reclamarlle ao Concello, que active os mecanismos expropiatorios necesarios para poder intervir en varias edificacións identificadas polo organismo
Sinala á recente aprobación do Plan de Actuación, que contempla intensificar a labor desenvolvido ata o de agora, coa compra de 25 edificacións nos vindeiros catro anos
Neste contexto aproveitou a oportunidade para pór en valor o importante esforzo inversor, que está a facer o Executivo Autonómico na cidade, en materia de vivenda de promoción pública.
Respecto ao inmoble, Fernández-Tapias sinalou que se trata da oitava promoción do ente rehabilitador nesta nesta rúa, cuxa adquisición data do 2017, e que supón a recuperación do que o Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI), Casco Vello non dubida en cualificar como “unha das construcións de tipoloxía tradicional máis fermosas do centro histórico vigués”. Unha vivenda da que detallou ocupa as plantas primeira e segunda do edificio, situado no número 16 da rúa Abeleira Menéndez, na denominada zona alta do Casco Vello, cunha superficie útil de 92,12 metros cadrados. Consta dun local na planta baixa.
Tamén apuntou as dúas promocións actualmente en execución e en proceso de adxudicación, nas rúas San Francisco 15 e Berbés 29, e que suporán a incorporación de seis novas vivendas ao histórico do ente rehabilitador.
Por outra banda, a Delegada referiuse á recente aprobación, a principios do mes de agosto, do Plan de Actuación que contempla a intensificación do labor desenvolvido ata o de agora coa compra de 25 novas edificacións.