20 octubre, 2021
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixou hoxe a formación dos desempregados como aposta estratéxica da Xunta de Galicia cara á inserción laboral e á mellora da empregabilidade dos cidadáns. O fixo no transcurso dunha xornada informativa dirixida ás 71 entidades beneficiaras na provincia de Pontevedra dos cursos de acción formativa que arrancan este mes de outubro.
Tras destacar a importante atención que prestan os orzamentos da Xunta en 2022 á formación e á colocación, cunha suba sen precedentes de máis do 50%, defendeu a inequívoca aposta do Executivo autonómico por multiplicar as oportunidades laborais dos galegos, adaptando o seu perfil as demandas do mercado.
Sinalou así que estes cursos, que alcanzan los 329 en toda a provincia cunha inversión de máis de 14,6 millóns de euros, son un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa mellora da capacitación dos traballadores e desempregados, da competitividade empresarial e coa creación de emprego estable e de calidade.
Certificados de profesionalidade
Os alumnos e alumnas que particen nas accións formativas poden acceder, ao remate, aos certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado. Desde o ano 2011, a Xunta mantén unha aposta decida pola formación certificable co obxecto de que a formación para o emprego conte cuns niveis de calidade e excelencia demandados na actualidade.
Os cursos versan sobre diferentes especialidades sendo as que teñen maior demanda as de informática e comunicacións, servizos socioculturais, comercio e márketing e administración e xestión. Tamén impártense cursos sobre artes gráficas, actividades físicas e deportivas, imaxe persoal, sanidade, seguridade e medio ambiente, téxtil ou edificación e obra civil, entre outros.
En definitiva, o Goberno galego busca coa formación para o emprego incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas e dar resposta á necesidade das empresas de contar con traballadores cualificados adaptando a formación dos traballadores ás súas necesidades.
Aula virtual
A través da iniciativa impúlsase a aula virtual grazas ao novo Campus Virtual de Galicia que puxo en marcha a Consellería de Emprego e Igualdade para facilitar o acceso á cualificación dos galegos e galegas e garantir tamén a saúde dos alumnos e alumnas pola covid-19. O primeiro campus virtual é unha demanda da sociedade e do tecido empresarial galego co que se pretende impartir en tempo real de xeito virtual a formación para o emprego. Búscase acercar a formación a todo o territorio galego e a aqueles alumnos e alumnas que teñen dificultades para desprazarse.
Así mesmo, a Xunta coa formación para o emprego está a potenciar a realización de cursos dirixidos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida e no caso da formación para desempregados en centros acreditados inclúese como beneficiario e colectivo prioritario da formación aos traballadores afectados por expedientes temporais de regulación de emprego (Erte).
Ademais, no caso da orde para desempregados admítese a participación de ata un 30% de ocupados, sempre e cado non se cubran as prazas con desempregados, e viceversa no caso da orde dirixida á formación para traballadores en activo co fin de completar o 100% das prazas.
COMARCA | CURSOS | IMPORTE |
BAIXO MIÑO | 17 | 817.284,75 € |
CALDAS | 11 | 389.167,50 € |
O CONDADO | 6 | 338.826 € |
DEZA | 14 | 704.478,75 € |
O MORRAZO | 35 | 1.316.421,75€ |
PONTEVEDRA | 39 | 1.838.634 € |
O SALNÉS | 46 | 1.628.602,50 € |
TABEIRÓS-TERRA DE MONTES | 9 | 491.023,50 € |
VIGO | 149 | 7.081.577,25 € |
TOTAL | 329 | 14.606.016 € |
Alerta